Zarzuela: Luisa Fernanda, en A Coruña - En marzo de 1932 Moreno Torroba, considerado o último gran compositor de zarzuelas, estreou a súa obra máis famosa, Luísa Fernanda, ambientada na España de Isabel II. A partir da súa estrea, esta zarzuela converteuse nun clásico, representándose en numerosos teatros e auditorios nacionais. A Compañía Lírica de Madrid “Miguel de Alonso” interprétaa o 14 de febreiro, no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña. Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Caixa Galicia. Luísa Fernanda está namorada de Xavier, pero este abandónaa cando a fortuna o acompaña.
Publicación gratuita de comunicados de prensa internacionales - 15 idiomas a lo largo de 22 países
Pressemitteilungen

Zarzuela: Luisa Fernanda, en A Coruña

2008/02/14 15:00

Comunicado de prensa de:
Fundación Caixa Galicia
En marzo de 1932 Moreno Torroba, considerado o último gran compositor de zarzuelas, estreou a súa obra máis famosa, Luísa Fernanda, ambientada na España de Isabel II. A partir da súa estrea, esta zarzuela converteuse nun clásico, representándose en numerosos teatros e auditorios nacionais. A Compañía Lírica de Madrid “Miguel de Alonso” interprétaa o 14 de febreiro, no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña. Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Caixa Galicia.

Luísa Fernanda está namorada de
Zarzuela: Luisa Fernanda, en A Coruña
Fundación Caixa Galicia
Xavier, pero este abandónaa cando a fortuna o acompaña. Vidal, home maduro e con moita facenda, intenta facerlle esquecer estes fracasados amores, ofrecéndolle o seu, moito máis serio e sincero. Xavier, que ascendeu a Coronel, coquetea coa Duquesa Carolina para triunfar na súa carreira militar, pero non por iso está disposto a renunciar ao amor de Luísa Fernanda.

Durante un motín, Vidal acolle na súa finca estremeña a Luisa Fernanda e cando todo parece estar a punto para unirse en matrimonio, aparece derrotado pola guerra o coronel Xavier, facéndolles comprender que só el é o auténtico amor de Luísa Fernanda. A fidalga nobreza de Vidal, nun acto de amor e sacrificio, enténdeo así e deixa a Luísa Fernanda nos brazos de Xavier, mentres chora amargamente a súa pena. Comedia lírica en tres actos de Federico Romero e Guillermo Fernández Shaw. Música do mestre Federico Moreno Torroba. Dirección Musical.....Montserrat Font, Coros e orquestra lírica..Titulares da Compañía, Ballet "Ciclodanza"



Contacto:
Dirección de e-mail: Ponerse en contacto con
 

zurück zur Kategorieseite: Cultura / Música
Este artículo ha sido leído 397 veces


 
 

Artículo de prensa según autor(es)
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z