Música: "Robert Schumann I", en Vigo y Ourense - Co ciclo ‘Vida e obra dun xenio’ poderemos familiarizarnos cos conceptos fundamentais da linguaxe musical, das formas e xéneros das distintas épocas e autores, por medio de audicións comentadas. A edición anterior do ciclo achegounos á obra de Chopin, Dvorak ou Schubert, e agora comezamos as audicións de 2008 da man de dous colosos: Robert Schumann e Johann Sebastian Bach. A primeira audición, “Robert Schumann I”, será o 12 de febreiro no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Vigo e o 13 de febreiro no Centro Sociocultural F.C.G.
Publicación gratuita de comunicados de prensa internacionales - 15 idiomas a lo largo de 22 países
Pressemitteilungen

Música: "Robert Schumann I", en Vigo y Ourense

2008/02/12 16:06

Comunicado de prensa de:
Fundación Caixa Galicia
Co ciclo ‘Vida e obra dun xenio’ poderemos familiarizarnos cos conceptos fundamentais da linguaxe musical, das formas e xéneros das distintas épocas e autores, por medio de audicións comentadas. A edición anterior do ciclo achegounos á obra de Chopin, Dvorak ou Schubert, e agora comezamos as audicións de 2008 da man de dous colosos: Robert Schumann e Johann Sebastian Bach. A primeira audición, “Robert Schumann I”, será o 12 de febreiro no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Vigo e o 13 de febreiro no Centro Sociocultural F.C.G. de Ourense.

Robert
Música: "Robert Schumann I", en Vigo y Ourense
Fundación Caixa Galicia
Schumann (1810-1856) foi un dos maiores compositores do século XIX, que representa o paradigma do artista cuxa vida e obra se adecúan ao concepto do Romanticismo con letras maiúsculas. O seu pai, un libreiro de Zwickau, transmitiu ao seu fillo a paixón pola literatura alemá do momento e fixo que empezase o estudo de piano con 10 anos. En 1828 matriculouse en Dereito pola Universidade de Leipzig, a pesar de que para Robert, a música, a literatura e a filosofía eran disciplinas moito máis atractivas. Por iso seguiu os seus estudos de piano co famoso profesor de Leipzig, Friedrich Wieck, o seu futuro sogro.

Schumann compaxinou a súa produción musical coa de comentarista musical e editor. Cofundou a revista Neue Zeitschrift für Musik e son famosos os seus artigos escritos en forma de diálogos baixo o título da “Liga de David”, novos artistas que defendían unha nova concepción estética fronte aos clásicos ou filisteos. Así mesmo, creou os personaxes de Florestán e Eusebio coma os seus dous alter ego, que representaban dúas das facetas da súa personalidade: rexoubeira, desenfreada e lixeiramente irresponsable unha, e reservada, seria e responsable, a outra.

Casou con Clara Wieck, a pesar da oposición do pai desta en 1840. Profesionalmente ensinou no recentemente fundado Conservatorio de Leipzig e foi director musical da cidade de Dusseldorf onde, en febreiro de 1854, se intentou suicidar lanzándose ás xélidas augas do Rhin. Unha vez rescatado, e por vontade propia, foi ingresado nun centro psiquiátrico onde morrería en 1856, por mor dunha enfermidade mental herdada.



Contacto:
Dirección de e-mail: Ponerse en contacto con
 

zurück zur Kategorieseite: Cultura / Música
Este artículo ha sido leído 324 veces


 
 

Artículo de prensa según autor(es)
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z