Exposición fotoperiodismo ambiental "O triunfo da solidariedade"
|
Comunicado de prensa de:
EFE-Galicia
O Centro Tecnolóxico do Mar (Vigo) acolle, a partir do 19 de novembro, a exposición de fotoperiodismo "O triunfo da solidariedade", testemuña gráfica e homenaxe aos máis de 300.000 voluntarios, cidadáns galegos e de todo o mundo, que, de forma desinteresada, colaboraron na limpeza do chapapote vertido polo petroleiro Prestige no 2002. "O triunfo da solidariedade" inaugúrase cando se cumpre o quinto aniversario do afundimento do petroleiro fronte ás costas de Galicia o 19 de novembro de 2002. O naufraxio provocou a maior traxedia ambiental da historia de España e unha reacción
solidaria sen precedentes.
A mostra foi organizada por EFE-Galicia e a dirección de Documentación da Axencia en colaboración coa consellería de Pesca, que dirixe Carmen Gallego, e a de Medio Ambiente, que encabeza Manuel Vázquez. Está composta por medio centenar de imaxes captadas polos reporteiros gráficos de EFE. A selección, realizada entre as case 3.000 fotografías que os xornalistas gráficos da Axencia tomaron dende entón, reflicte a titánica loita que mantiveron milleiros de persoas anónimas para paliar os danos provocados polo chapapote no litoral galego e cós que a natureza galega ten unha débeda de gratitude. Máis aló da visión negativa vencellada ás catástrofes, a exposición transmite unha mensaxe positiva e de esperanza, ao reflectir como a unión entre as persoas, a vontade e o traballo conxunto fan posible superar as maiores traxedias. Emilio Lavandeira, Xoan Álvarez Rei, José Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L.Cereijido, Alberto Estévez, Alberto Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai asinan as 44 instantáneas que constitúen un dos documentos gráficos máis impresionantes do fotoperiodismo ambiental dos últimos anos e da recente historia non só de Galicia senón doutras comunidades como Asturias, Cantabria ou o País Vasco onde a mancha do chapapote tamén xerou unha onda de solidariedade. A mostra permanecerá aberta durante quince días de 09:00 a 21:00 en horario laborable e de 10:00 a 14:00 as fins de semana
Contacto:
web:
http://www.efe.es
Dirección de e-mail:
Ponerse en contacto con
|
zurück zur Kategorieseite: Medios de Comunicación / Actualidad
Este artículo ha sido leído 406 veces
Andere Artikel dieses Autors: