Cine: El último tren (Corazón de fuego), de Diego Arsuaga - Auditorio sede - Sede Fundación Caixa Galicia (A Coruña) - A CORUÑA. 10-mar-08, 1ª sesión: 18:00 h. Versión Orixinal con Subtítulos en Español (VOSE), 2ª sesión: 20:30 h. (VOSE), El último tren (Corazón de fuego), (O derradeiro tren (Corazón de lume)), de Diego Arsuaga entra nos auditorios da Fundación Caixa Galicia para dar todo por unha locomotora. Canto emotivo da loita entre David e Goliat, baseado nun feito real, na que o espazo uruguaio achega verosimilitude; e os cambios de paisaxe van acompañando aos estados de ánimo: da emoción á euforia ou do medo á reflexión.
Publicación gratuita de comunicados de prensa internacionales - 15 idiomas a lo largo de 22 países
Pressemitteilungen

Cine: El último tren (Corazón de fuego), de Diego Arsuaga

2008/03/10 14:32

Comunicado de prensa de:
Fundación Caixa Galicia
Auditorio sede - Sede Fundación Caixa Galicia (A Coruña) - A CORUÑA. 10-mar-08, 1ª sesión: 18:00 h. Versión Orixinal con Subtítulos en Español (VOSE), 2ª sesión: 20:30 h. (VOSE), El último tren (Corazón de fuego), (O derradeiro tren (Corazón de lume)), de Diego Arsuaga entra nos auditorios da Fundación Caixa Galicia para dar todo por unha locomotora. Canto emotivo da loita entre David e Goliat, baseado nun feito real, na que o espazo uruguaio achega verosimilitude; e os cambios de paisaxe van acompañando aos estados de ánimo: da emoción á euforia ou do medo á reflexión.
Cine: El último tren (Corazón de fuego), de Diego Arsuaga
Fundación Caixa Galicia
Este filme proxéctase até o mes de abril co ciclo ‘Trens de cine’.

Dirección: Diego Arsuaga; Produción: José Sánchez Varela; Guión: Diego Arsuaga e Fernando León de Aranoa; Fotografía: Hans Burmann; Montaxe: Fernando Prieto e Daniel Márquez; Música: Hugo Jasa; Dirección artística: Inés Olmedo; Ano: 2002; Dur: 93 min. Intérpretes: Héctor Alterio, Federico Luppi, Pepe Soriano, Gastón Pauls, Balaram Dinard, Saturnino García, Eduardo Migliónico, Elisa Contreras, Jenny Goldstein

Un poderoso estudio de Hollywood compra para a próxima película unha histórica locomotora uruguaia do século XIX. Malia que a noticia é motivo de orgullo para moitos uruguaios, non ten a mesma acollida entre os veteranos membros da Asociación de Amigos del Riel. Decididos a boicotear o traslado da locomotora aos Estados Unidos, tres deles e un neno deciden secuestrar a locomotora baixo a consigna «O patrimonio non se vende», e percorrer as abandonadas vías do interior do país.

Guión coescrito por Fernando León de Aranoa. Na Seminci de Valladolid recolleu os premios do Público, ao mellor director novel e ao mellor actor –compartido polos seus tres brillantes protagonistas: Luppi, Soriano e Alterio–. Unha viaxe iniciática, pero tamén unha viaxe final cara a utopía na que atopamos evidentes paralelismos co western crepuscular. O propio director declaraba: «...é difícil encadrala nun xénero pois ten elementos de varios, da comedia e da road movie, pero penso que o que máis se achega é o western. Un filme cun setenta por cento de exteriores, enriba dunha locomotora en movemento cara a fronteira, e sumado a todo iso a persecución das autoridades...».



Contacto:
Dirección de e-mail: Ponerse en contacto con
 

zurück zur Kategorieseite: Cultura / Cine
Este artículo ha sido leído 274 veces


 
 

Artículo de prensa según autor(es)
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z